ENGLISH CLUBS YEAR 2

Explicación dos 'ENGLISH CLUBS'

A clase divídese en 4 grupos de 6 alumnxs. Os luns, cada grupo asiste a un English Club.  O segundo día de Inglés adicámolo a repaso e expresión oral.

* SPEAKING / GAMES CLUB

Neste clube traballan o Speaking e Listening coa Auxiliar de Conversa, Olivia Elvins. O clube empeza con preguntas sinxelas a cada membro do grupo (nome, idade, que tempo vai, etc...) Despois con xogos ou materiais reais., traballamos o tema que toque. Agora estamos coas partes da casa e repasando a familia




* DIGITAL CLUB
3 alumnos traballan no ordenador, e outros 3 na pizarra dixital.  Traballan con audios, listenings, unir imaxe co audio, etc.
Eu axúdolles coa pronunciación e a distinguir as palabras cando hai algo escrito.



* MINI BOOK
Teñen que escribir, facer e decorar un mini book co vocabulario. Despois, teñen que contarllo aos compañeiros/as de mesa.

* PICTURE CLUB
Ficha de traballo escrito/lectura de palabras. Empezan con algo sinxelo en papel, e despois seguen cun dossier plastificado onde poden xogar coas palabras e frases sinxelas.





Están facendo un gran traballo e aprendendo moito. 
Continuade visitando o blog para ver as cancións, rutinas, fichas, etc. Grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario