Watch the video twice! then, you can watch it with subtitles. (Pon o video 2 veces. Escóitao atentamente. Despois, podes poñelo outra vez con subtítulos, pero as primeiras veces SEN subtítulos!) Durante a semana porei exercicios. Primeiro escoita e entende o uso de CAN CAN'T.
GOOD MORNING YEAR 4! Let's play! Click on the image and do the activities from page 1 to 15. (Fai as actividades das páxinas 1-15. Máis adiante porei máis. É mellor facer poucas páxinas VARIAS VECES e sabelas ben que ir dándolle para adiante demasiado rápido). Remember: In the morning, I have breakfast. After school, I have lunch. In the afternoon, I have a snack. At night, I have dinner.
as profes de inglés iremos colgando exercicios para facer durante estas semanas. Ben é certo que o currículo de inglés está principalmente dirixido á APRENDIZAXE COMUNICATIVA e ésta é imposible levala a cabo a distancia dende casa. Os alumnos saben que a maior parte das leccións son traballos orais, conversacións, xogos de speaking e listening... intentaremos facer actividades variadas o máis cercanas posibles ao día a día da aula.
É importante repasar o visto ata o de agora. Na marxe esquerda do blogue tedes as entradas de leccións pasadas. Podedes buscar por 'topic' (números, días da semana, animais, comidas, verbos...) Aproveitade para repasar a escrita de todos eses temas. Mensaxe da profe Verónica: MATERIAL PARA 5º DE PRIMARIA: The City and Directions. Colgarei no Edixgal unha lección. Aínda así, neste blogue tamén porei actividades autoavaliables. REPASADE AS LECCIÓNS VISTAS ATA AGORA. Sobre todo as cousas básicas, como a escrita de números, días da semana, comidas, etc. MATERIAL PARA 4º DE PRIMARIA: At the Restaurant. Repasade todo o material de comida que tedes. Irei poñendo máis. Tiñamos que facer a simulación do restaurante, así que ide estudando os diálogos que vos mandei. MATERIAL PARA 3º DE PRIMARIA: Sports: I like ____ + I can_____ porei máis actividades con CAN e CAN'T. Tedes que facer as actividades que colguei a semana pasada. Cada día que tiveras inglés lembra de responder ás rutinas de inicio de clase: What day is it today? Today is _____ What are you wearing? I'm wearing _____ What's the weather like today? It's ______ MATERIAL PARA 5 ANOS INFANTIL (INF 6º): Porei videos de repaso dos temas que estivemos dando: O tempo atmosférico, días da semana, números ata o 20, preguntar How Are You? e saber responder (I'm good, I'm great, I'm tired, I'm hungry), a familia, as cores, os animais, as froitas e algunha comida. PLÁSTICA de 2º: Estabamos traballando a prespectiva e o uso da regra. Irei poñendo ideas para que sigades practicando. O seguinte traballo que tiñamos programado era facer un collage de toda a clase coa técnica do stamping (estampación) e falar dos diferentes materiais que se podían usar. Iamos facer un cadro enorme en papel contínuo, e logo se dividiría en A4 para levar cada un o seu. Vai ser imposible facelo xuntos por agora, pero xa vos porei ideas para que fagades en casa coa familia. Mensaxe da profe Marta: MATERIAL PARA 1º e 2º DE PRIMARIA: Animals No blog hai colgados videos con cancións, historias e algún xogo. Colgarei tamén algún materail de xogo para os que queirades e poidades imprimir na casa (domino, oca, mini books...) Quixera lembrarvos que neste nivel o 90% da nota é actitude, e comprensión e expresión oral, nada escrito.
MATERIAL PARA 6º DE PRIMARIA: AT THE DOCTOR Colgarei en E-dixgal e no blog material relacionado co tema para que vaiades mirando de cara a manter unha conversa nunha consulta médica. Aqueles que fagades estas actividades podedes mandalas de maneira telemática para a súa corrección, sabendo que non poden contar para a vosa avaliación, pero si para a vosa aprendizaxe. Do mesmo modo lembrade que á volta deste parón está pendente a entrega do voso vídeo-presentación.
Para dúbidas, blogingleshj@gmail.com indicade no asunto NOME DO ALUMNO/A e CURSO. Así memso, queremos recalcar que as actividades e os traballos que fagades NON CONTARÁN PARA NOTA. Somos conscientes de que hai familias que non poden acceder a internet, polo que todo o que poñamos dende o blogue tan só son recomendacións. Sabemos que é imposible poder continuar a formación de xeito igualitario nestes días. E, repetimos, na asignatura de Lingua Estranxeira é aínda máis difícil, posto que o que debe primar é poder entenderse en situacións comunicativas. ESTAMOS Á ESPERA DE TER ALGUNHA INDICACIÓN MÁIS DENDE INSPECCIÓN. MOITO ÁNIMO, COMPAS! Isto pasará e seremos máis fortes. Bo humor e moita saúde. Conseguirémolo! :)
Today is Saint PAtrick's Day, a very special day in Ireland and all over the world. People wear GREEN CLOTHES and do a BIG PARADE. Read the informarion and complete the workseet.
St. Patrick's Day, una ficha interactiva de victor liveworksheets.com Now, let's watch how ALL THE WORLD celebrate Saint Patrick's Day! - WHAT CITY OF GALICIA CAN YOU SEE IN THE VIDEO? WHAT MONUMENT OF GALICIA CAN YOU SEE IN GREEN?
GOOD MORNING STUDENTS! Today is Saint PAtrick's Day, a very special day in Ireland and all over the world. People wear GREEN CLOTHES and do a BIG PARADE. Watch the video: WHAT CITY OF GALICIA APPEARS IN THE VIDEO? WHAT GALICIAN MONUMENT IS LIGHTED UP IN GREEN?