IDE AO EDIXGAL, hoxe puxen un par de exercicios :) ************************************************************** Xa viches o video na lección anterior... agora este é o mesmo pero INTERACTIVO! Cando respondas, preme na frecha azul (parece un avión de papel) para seguir avanzando. Watch the video and answer the questions! Podedes comentar este post aqui abaixo nos comentarios ou mandar mail a englishclubhj@gmail.com
CORREO: blogingleshj@gmail.com PODEDES CONTARME O QUE QUEIRADES, SE FIXESTES OS EXERCICIOS, SE NON ENTENDESTES ALGO... CONTÁDEME! Good morning! What day is it today? What are you wearing? What's the weather like? Mira o vídeo ata o minuto 01:38. Mírao 3 veces, e despois responde ás preguntas. A solución está ao final de esta entrada.
Forma frases, fíxate nas fotos:
Let's sing!
NOW, LET'S M O V EY O U RB O D Y ! ! Prepárate pasa saltar! Para ver o seguinte vídeo tes que poñer á túa esquerda algo verde (roupa, coxín, un aro...) e á túa dereita algo vermello. Cando escoites a pregunta ('Can you swim?) Tes que saltar á esquerda dicindo YES, I CAN! ou á dereita dicindo NO, I CAN'T... e facer a acción, é dicir, imitar o deporte. ARE YOU READY? Veña, 5 minutiños de ir saltando de un lado ao outro! Move your body!
ANSWERS TO THE FIRST EXERCISE:
REPASA O VOCABULARIO DA LECCIÓN. (Está na túa carpeta de inglés, penso que case todos a tedes en casa, non? se non a tedes, déixovolo aqui: DURANTE ESTA SEMANA FAREMOS REPASO DE I LIKE / I DON'T LIKE --- HE LIKES / HE DOESN'T LIKE.... UN BICO MOOOI GRANDE, COMPAS! O XOVES SUBIREI MÁIS CONTIDOS. MENTRES TANTO, PODEDES REPASAR ESTES EXERCICIOS!
Watch the video and practice the directions. Pay attention from minute 1:05 til 2:50. That's the important part.
Pronuncia este vocabulario e memoríazao. Para pedir información dun lugar podes preguntar "How can I get to...." ou "How do I get to..."
Despois, vai a EDIXGAL>TITORÍA e BUZÓN DE NOTAS Dentro desta sección vai a: FORO DE NOVAS para ver as instruccións dos exercicios. Despois, clickea no icono azul de Smart (SC) que pon ENGLISH:The City and City Directions. AQUI DENTRO ESTÁN OS EXERCICIOS.
Good morning! HOW ARE YOU??! Let's practice how to order food in a restaurant. (ORDER= Pedir comida) PODEDES ESCRIBIRME / MANDARME EXERCICIOS a blogingleshj@gmail.com 4ºB estivo practicando como pedir comida nun restaurante, pero 4ºA aínda non o fixera. Así que deixo aqui varios exercicios, para que practiquedes tódalas clases. (4ºB PODEDES FACELO OUTRA VEZ POR ESCRITO E REPASALO BEN) Remember, to ask for food you say: CAN I HAVE A ____? To ask for the price, you say: HOW MUCH IS THE ______? Look at this menu and complete the exercises. It's an American restaurant, so they pay in DOLLARS. Remember the currency: IRELAND --> EURO and CENTS THE UK--> POUNDS and PENCE (PENNY) The U.S.A. --> DOLLARS and CENTS DOWNLOAD HERE --> DESCARGA FICHA AQUI
Aqui tedes un video parecido para pedir comida. Hai algún cambio, como usar MAY en vez de CAN (MAY é máis formal). Tamén din HOW MUCH DO I OWE YOU (Canto te debo?') en vez de HOW MUCH IS IT?. Non te preocupes, hai moitas formas de pedir comida, pero todas están ben! Fíxate no video e practica os diálogos:
Máis vocabulario:
ACTIVIDADE: NOW, DESIGN YOUR OWN RESTAURANT MENU! Rember to include: STARTERS (entrantes) MAIN COURSE (prato principal) DESSERT (postre) DRINKS (bebidas) Fai o teu propio menú e invita á túa familia ao teu restaurante. Ti és o waiter (camareiro)! PONLLE NOME AO TEU RESTAURANTE! REPASO de como pedir precios e de comidas. No primeiro video, tes que ir pausando e adiviñar canto custa cada cousa:
HOW MUCH IS IT?
Fai outras fichas que puxen no blog, son autoavaliables (busca na pestana de 4ºEP ou de FOOD á esquerda da pantalla). Se queres, tamén podes mandarmas a blogingleshj@gmail.com, INDICANDO O TEU NOME E CLASE. O XOVES POREI MÁIS EXERCICIOS.
HELLO FAMILIES!! Para celebrar Saint Patrick's e mover o body durante este peche forzoso, as teachers queremos propoñervos un CHALLENGE para todas as familias. Poñédevos roupa verde, pintádevos a cara... todo o que se vos ocurra... e grabádevos bailando un trociño desta canción!! Os videos que recibamos colgaránse no blogue. Podedes participar durante toda a semana. ÁNIMO!
Así é como comezamos cada mércores a nosa clase de inglés nas clases de 4 anos:
As nosas mascotas, Tommy, Tina e Polly, escollen un encargado co que saudamos.
Despois estiramos o corpo ao ritmo desta canción, á vez que imos aprendendo sen darnos conta as partes do corpo
3. Unha vez temos o corpo preparado co noso encargado ou encargada miramos a ver que tempo fai é o poñemos na pizarra dixital. Non é esta a canción que usamos, pero os nenos e nenas poden intentar cantárvola!
Despois cada día repasamos cores e números, que o encargado ten que buscar na pizarra facendo "maxia". Ao longo destes días subiremos máis cancións para que bailedes, cantedes e xoguedes un ratiño cada día se vos apetece.