miércoles, 1 de abril de 2020

(Year 5) The city GAMES

Hello students!

A semana pasada había un exercicio onde vos dicía que tiñades que facer o mapa dunha cidade e describila. Pois podedes usar ese mapa para facer os xogos, ou podedes facer un novo.
Os xogos son para practicar todo o visto nesta lección, o vocabulario das tendas ou dos lugares da cidade, e como chegar ata eles. 

FACER ESTES XOGOS É VOLUNTARIO. Se queres, podes gravarte e mandar un video a blogingleshj@gmai.com, co teu nome e curso. Colgarei no blog os que vaian chegando para que os compas podan ver as vosas cidades. SE NON QUEREDES que o poña no blog, DICÍDEMO!

Adxunto aqui o diccionario visual da lección, por se non o tedes con vós. 
Podedes descargalo AQUI

GAME 1
You need:
- City map
- Cards with city places
- 'People' (Toy figures)





DIALOGUES:
A)- Excuse me, where is the _____? // How can I get to the  _____?
B)- Go straight ahead....

GAME 2
Dicir onde están as personaxes.
Cando quedamos cun amigo, ou queremos dicir que alguén está esperando nunha tenda empregamos a preposición AT. Sobre todo cando están FÓRA da tenda.

-Onde quedamos con Xoán? -Quedamos no Concello.
-Where are we meeting Xoan? -We're meeting AT the town hall.

-Onde está Susi? -Está aí, na panadaría
-Where is Susi? -She's there, at the baker's.

Neste xogo tes que preguntar e dicir onde están situados diferentes personaxes:

-Where is SpongeBob?  He's at the fishmonger's.
-Where is Luci? She's at the bookshop.
GAME 3
For this game, you need:
  - MARBLES!
  - Cards with city places

You need to take the marble to where the card says. 
Then, look at the PICTURE DICTIONARY and check if it's true or false.
GAME 4
Guessing game!
You need a partner, a member of your family :)

Este xogo parécese ao que fixemos na clase. Tes que levar a unha persoa, ou personaxe, ata onde che diga a carta. Cando a persoa chegue, comprobade se a palabra escrita e o debuxo coinciden.

Animádevos a mandar algún vídeo! :) :)

Veña, Feliz Semana Santa! HAPPY EASTER! On Friday I will upload some EASTER activities.
Be Happy! 
V.

No hay comentarios:

Publicar un comentario