lunes, 25 de mayo de 2020

(Year 4) Hobbies final lesson

Good morning, Year 4!











Imos asentar o verbo LIKE, e tamén engadimos LOVE e HATE.
DESPOIS destas palabras, sempre que vaia un verbo hai que engadir -ING (xerundio).

Por exemplo: 
He loves reading. She doesn't like playing golf.  
==> Se aparece LIKE-LOVE-HATE, o verbo de despois, sempre leva -ING.

No primeiro exercicio tes varios emojis, este é o seu significado:
Lembra que para falar de HE or SHE, tes que usar a -S no presente. Tanto en afirmativa coma en negativa.
AFFIRMATIVE: He loves // she hates // he likes...
NEGATIVE: He doesn't like // she doesn't love...

Hate significa "odiar"... non é un verbo que se deba usar moito. En realidade, é un pouco de mala educación usalo, pero hoxe en día emprégase moito. Seguro que escoitaches falar dos "haters" nas redes sociales. Un hater é alguén que sempre fala mal de todo, que odia todo.
Pero non uses moito ese verbo. É mellor dicir "I don't like" (non me gusta).

Na primeira ficha tes que fixarte nos NOMES das persoas e ver que lle gusta a cada un. 
LEMBRA DE CUBRIR TODO EN 3º PERSOA, é dicir, usando "LIKES" -"DOESN'T LIKE" - "HATES" etc...

* EXERCISE 1: LOVE-HATE-LIKE (anota os verbos que non lembres ou que sexan novos. Exemplo: cooking)

*EXERCISE 2: Riley's video!
Escoita o video e copia na libreta as cousas favoritas de cada membro da familia de Riley..
NA LIBRETA:Copia 5 cadros coma no exemplo. Axudarache a completar todo o que precisas. AXUDA COS NOMES:
RILEY - TRACY - DREW - ANDY - LOGAN - Radar (dog)

UFF... HOXE TRABALLACHES MOITO!
Deixo uns xogos para que te divirtas un rato:

* GAME 1:


* GAME 2:

No hay comentarios:

Publicar un comentario