Vai anotando na libreta o vocabulario que non recordes, ou as novas palabras que podan aparecer.
Imos repasar o vocabulario das paisaxaes e os adxectivos... e logo imos recordar como describir unha imaxe.
Anota a data de hoxe Wednesday 20th, May 2020.
Anota tamén a puntuación das fichas.
PODES MANDARME AS FICHAS, DESPOIS DE ANOTAR A TÚA PUNTUACIÓN:
TERMIMNADO->MANDAR AL PROFE-> CUBRE DATOS-> enviar a blogingleshj@gmail.com
O TRABALLO DESTA SEMANA E A QUE VEN HAI QUE ENTREGALO ENTRE O MÉRCORES 27 DE MAIO E O VENRES 29 DE MAIO.
1) * REMEMBERING LANDSCAPE and ADJECTIVES
Primeiro imos escoitar e repetir. É importante que intentes pronunciar ben:
BIG - small
w i d e - narrow
hot - cold
quiet-noisy
dry - wet
high - long
==> para pasar as diapositivas, tes que darlle a " > " na parte de abaixo á esquerda, ao lado do "play". NON lle deas a play, dalle a > e así pasas as diapositivas cando queras:
2) LISTEN AND WRITE THE NUMBER: SE TES PROBLEMA CO AUDIO, ABRE O BLOG CO NAVEGADOR DE GOOGLE CHROME. ACTIVA O ADOBE FLASH.
Landscapes - Listening, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Cando remates, comproba a túa resposta e anota a puntuación na libreta.
3) DESCRIBING
Imos recordar THERE IS e THERE ARE para describir unha paisaxe.
Como xa vimos en 4º e en 5º, THERE IS ou THERE ARE significa "Hai". -> "En Nigrán hai unha montaña moi grande. Hai dous rios. Un río é estreito, o outro río é ancho" etc.
Primeiro imos lembrar que THERE IS é para SINGULAR, e THERE ARE para PLURAL:
Aqui por exemplo:
In the background, there is a very high mountain.
On the right, there are a lot of trees.
There isn't a long river....
There aren't clouds. It's sunny.
Agora intenta describir ti. Emprega o vocabulario que viches en toda esta lección (adxectivos, paisaxe).
ESCRIBE 2 frases afirmativas e 2 negativas.
Escríbeas na libreta.
Elixe 1 foto e empeza a describir
There is.... there are.... there isn't a ..... there aren't any....
BYE BYE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario