jueves, 22 de diciembre de 2016

(Year 3, Year 4) Werewolves!

MERRY CHRISTMAS ! ! 




Esta vai ser unha entrada do blogue especial pra recomendarvos un posible agasallo de nadal. Aproveitando que os grupos de 3ºA e 3ºB estaban aprendendo o vocabulario sobre as personaxes de ficción, estivemos xogando a 'The Werewolves of Miller's Hollow'. É un xogo de cartas que lle encantou a todo o alumnado. Tamén se sumaron os compas de 4º no último día de clase. É un xogo para un GRUPO amplo, perfecto para as reunións de Nadal, e no que poden participar tanto maiores coma peques.

 Podedes atopalo en Norma Comics, Ronda de Don Bosco 22, Vigo. 
Custa 10 euros. É unha caixa pequeniña.
Podedes pedilo co nome en castelán ("Hombres Lobo de Castronego").
 
ANIMÁDEVOS A XOGAR EN FAMILIA ! !

No hay comentarios:

Publicar un comentario