domingo, 26 de octubre de 2025

(YEAR 2) Kraft folder

Hello, Year 2 class! Hello, families! Ola, familias de 2ºEP!

Como vos expliquei ao inicio de curso, aqui vos deixo un paso a paso de como facer a carpeta de repaso para que practiquen a lectura e escritura en casa. 

Traer a clase en canto o teñades, preferiblemente ANTES DO 10 de novembro.

1- Mercar unha 'carpeta kraft' sinxela tamaño folio. Da igual a cor.

    Mercar 2 fundas de plástico tamaño folio. Canto máis resistentes, mellor.

  


 2 -  Coller as fundas e CORTAR a parte dereita dos buracos:


3- PEGAR as fundas CON CELO no interior da carpeta, tendo coidado de non tapar a parte superior. Deixar 1 ou 2 centímetros sen pegar nos LATERAIS SUPERIORES, para que o folio entre na funda con máis folgura.




 

4- Poñer o nome do alumno/a na parte de diante. Traer a clase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario